Chalé independente situado na baixada á praia de Liméns (Cangas), con espectaculares vistas á Ría de Vigo e Illas Cíes, nunha zona moi tranquila e excepcionalmente asollada. A cinco minutos en coche do centro do pobo e a cinco minutos camiñando á praia.
A vivenda é toda exterior, conta cunha parcela de aproximadamente 1.800 m2, na que se asenta o inmoble e os seus anexos. A vivenda e anexos teñen unha superficie construída de 379 m2 aproximadamente.
Atópase nun estado impecable e lista para entrar a vivir.
Consta de planta baixa, primeira planta e segunda, ademais dun soportal-terraza exterior e espazos verdes.
A planta baixa está destinada actualmente a adega ou rocho e espazo para lavandaría, podendo, nun futuro, destinarse tamén a garaxe.
Na planta primeira, á que se accede mediante unhas poucas escaleiras, atopámonos un amplísimo salón, cunha gran ventá moi luminoso e con vistas á Ría de Vigo, a cociña independente con todo tipo de electrodomésticos e unha despensa, un baño con ducha e dous dormitorios.
E xa, por escaleiras interiores chegamos á segunda planta, que se distribúe nun baño xeral e tres amplos dormitorios, todos exteriores, uno deles cunha fermosa terraza asollada e con vistas ás Illas Cíes e á montaña, un vestidor e un baño.
A pé de rúa dispón dun amplo garaxe, no que poden entrar até 7 vehículos (cubertos e descubertos).
O inmoble conta con alarma e as xanelas renováronse recentemente.
A calefacción e o ACS (auga quente sanitaria), son a través dunha caldeira de gasoil, situada na planta baixa.
En resumo, atopámonos ante unha vivenda preparada para entrar a vivir e gozar do sol e as preciosas vistas que nos ofrece.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno