Piso á venda en pleno centro de Cangas, ben comunicado con todos os servizos básicos.
Atópase situado nun edificio familiar, en esquina e todo exterior.
Distribúese en catro amplos dormitorios, un deles con saída a unha terraza; salón-comedor con outra terraza máis grande, orientada ao Leste; cociña independente e un baño con bañeira.
A vivenda atópase semi-reformada, nun cuarto piso dun edificio que non conta con ascensor, nin con garaxe (aínda que para o garaxe hai moitas opcións nos inmobles veciños).
En canto ao ascensor, fixéronse as xestións e consultas oportunas e habería posibilidade da súa instalación nun futuro.
A calefacción é por acumuladores eléctricos e o ACS (auga quente sanitaria) é por gas butano.
A vivenda ten preparada a instalación para gas natural.
Ademais, o edificio conta cunha zona de faiado, habilitada para rochos.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno