Apartamento de dous dormitorios de obra nova a estrear, situado en planta baixa, a 80 m do paseo máritimo e en segunda liña.
Forma parte dun edificio en construción (xa iniciada), a 150 m da rotonda do Portal, con todo tipo de servizos a man e con fácil conexión á vía rápida.
Características distintivas do inmoble son o seu tamaño, calefacción por gas natural, orientación e terraza con vistas abertas e despexadas.
As vivendas de 2 e 3 dormitorios (agás as situadas en planta baixa) dispoñen de praza de garaxe e rochos na planta de semisótano do edificio con entrada directamente desde a rúa.
Excepcional opción para vivenda habitual cuns prezos realmente competitivos, e tamén bo investimento para segunda residencia ou para destinalo ao aluguer debido á actual gran demanda.
A promoción conta con máis vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios, con vistas á ría e ao centro urbano. Consultar condicións.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno