Casa de planta baixa en Nerga, Cangas, zona privilexiada e tranquila, rodeada de natureza e moi preto das praias da zona.
Vivenda práctica e funcional, con todas as estancias exteriores e distribuídas nunha única planta, na que se atopan un salón comedor, cociña independente, 3 dormitorios e un baño completo.
O acceso á vivenda realízase desde o recibidor de entrada e tamén desde unha porta lateral con acceso á cociña. Ademais, conta cun bonito porche cuberto na fachada principal, ideal como terraza.
Non conta con calefación.
A maiores, dispón dunha construción auxiliar destinada a garaxe, onde tamén se atopa unha grellada, almacén e lavandaría.
Todo isto nunha preciosa finca ampla, con árbores froiteiras, arbustos, flores e moita zona verde.
Enclave espectacular nunha das mellores zonas do Morrazo e vivenda ideal dunha soa planta.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno