Apartamento totalmente exterior, situado na planta baixa do inmoble (aínda que practicamente resulta unha primeira planta, polo desnivel do terreo). Dun só dormitorio con cama de matrimonio e armario encaixado, ten un acolledor salón-comedor-cociña e un baño. Dispón de auga quente eléctrica, forno e cociña vitrocerámica .
O apartamento recoméndase para dúas persoas aínda que ten un sofá-cama de matrimonio (máis aconsellado para nenos e novos, que para adultos)
Comparte con outros pisos unha leira con aparcamento e xardín con vistas á ría de Aldán, nunha zona moi tranquila, ben comunicada e próxima á vía rápida e ás mellores praias da zona.
Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo). As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais, ou para semanas soltas, poden non ser aceptadas ou poden supoñer variación dos prezos indicados na tarifa. Valorarase a posibilidade de admitir mascota.
Vivenda incluída no rexistro de Vivendas de Uso Turístico.
Aluguer por mes completo: Xullo ou Agosto.