Amplo apartamento con vistas ao mar en Hío, e nunha contorna privilexiada. Dispón dunha enorme terraza privada con vistas á Ría de Aldán.
Distribúese en tres dormitorios (un de matrimonio e dous con camas xemelgas), un baño e salón cociña rodeado de ventás á terraza. Todo o piso é exterior, con vistas ao bosque ou ao mar.
Atópase nunha casa, con máis inmobles, todos independentes, pero que comparten unha leira de máis de cinco mil metros cadrados, con xardín, merendero, parking á sombra e vistas á Ría. Moi próximo á maioría de praias da zona (Nerga, Liméns, Areacova, Menduiña, etc.).
Non se admiten mascotas.
Ofrécese equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.
Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo). As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais, ou para semanas soltas, poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.
Distancias: Cruceiro do Hío: 500 m, Praia de Vilariño: 1,3 km, Praia de Liméns: 1,6 km, Praia de Arneles: 1,6 km, Aldán: 1,7 km, Praia de Nerga: 2,5 km, Praia de Barra: 3 km, Praia de Areacova: 3 km, Cangas de Morrazo: 4,4 km, Cabo Home: 4,8 km.
Inmoble inscrito no rexistro de vivendas de uso turístico.