Ref:
Tipo:
En:
Data entrada/saída:
Capacidade:
Habitacións:
Baños:
Características:

Apartamento na praia de Liméns. (ref.1292)

Prezos datas

Resumo:

 Días de estadía mínima 10
 Capacidade 2
 Dormitorios 1
 Baños 1
 Calefacción
E ademais
Camas dobles 1
Sofás cama 1
Superficie 35 m2
Planta baixa
Garaxe

Acolledor apartamento á beira da praia de Limens, situado nunha casa que posúe varios apartamentos en aluguer, nunha ampla e asollada leira de 1000 metros; totalmente acondicionada e pechada, con zona axardinada, zona de grella comunitaria e mesa para comer fóra.

Nunha contorna inmellorable, á beira da Praia de Limens e Santa Marta e próximo á maioría das praias da zona (Nerga, Viñó, Barra, da Ría de Vigo e Areacova, Menduiña, Castiñeiras, da Ría de Aldán etc...).

O apartamento está repartido nun salón con cociña americana moi luminoso que posúe unha cristaleira orientada á fachada con vistas sobre a parcela e o areal de Liméns, un cuarto de baño e dormitorio independente, armario encaixado no dormitorio e sofá cama no salón, frigorífico baixo encimera e cociña eléctrica. 

Non se admiten mascotas.

Ofrécese equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.

Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo). As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais, ou para semanas soltas, poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.

Distancias: Praia de Liméns: 400 m, Praia de Santa Marta: 1,1 km, Praia de Nerga: 1,7 km, Cruceiro do Hío: 1,8 km, Aldán: 2 km, Cangas de Morrazo: 3,8 km, Cabo Home: 6 km.

Inmoble inscrito no rexistro de vivendas de uso turístico.


Dispoñibilidade

Días ocupados

Formulario de solicitude de reserva

- €





Resumo reserva

Importe estancia
-
Servizos extra
-
Total reserva:

Tarifas

Tarifa Día Semana Quincena Mes
Estándar 20,00 € 0,00 € 0,00 € 0,00 €

Ubicación

A ubicación do inmoble é aproximada.
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!