Piso impecable en Pedra Alta, na rotonda dos Mexillóns, con bo acceso ás praias de zona rural e a un paso do centro.
Dispón de salón, cociña independente, dous dormitorios (un con cama dobre e o outro con camas xemelgas), dous baños (un con bañeira e outro con prato de ducha) e zona de lavadoiro con termo eléctrico.
Alúgase amoblado e equipado con roupa de cama e enxoval de cociña.
As estancias non coincidentes coa quincena ou o mes tradicional poderán supor unha variación no prezo ou poderán non ser aceptadas.
Non se admiten mascotas e non se permite fumar na vivenda.
A fianza será a equivalente a un 20% do prezo público cun importe mínimo de 250€.
Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.
Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo).
Inmoble inscrito no rexistro de vivendas de uso turístico.