Casa para rehabilitar en pleno casco vello de Cangas, con dobre fachada exterior e facendo esquina en "Rúa do Sol", zona peonil de gran actividade, tanto comercial como para vivenda, con todo tipo de servizos a man (supermercado a 50m, etc).
A vivenda no seu estado actual está constituida por planta baixa e primera (para un total de 47m2 construidos), ocupando en planta toda a superficie do solar de 23m2.
Polo seu estado actual é idónea para rehabilitar podendo chegar a desenrrolar nun inmoble de 4 plantas, repartidas en planta baixa, primeira, segunda e aproveitamiento baixocuberta segundo normativa específica do casco vello de Cangas, podendo obter un total de 83m2 construidos aproximadamente.
Todo isto fai que se consolide como unha inversión moi interesante, tendo en conta que a planta baixa tendría un gran interese como baixo comercial, ó situarse na Rúa do Sol, actualmente unha das rúas comerciais de referencia no casco vello, moi transitada e con moitos negocios en funcionamiento (pizzería, tapería, moda infantil, complementos, telefonía, agasallos, lamboandas, etc), e por outra parte o resto de plantas serían perfectas para unha vivenda habitual ou incluso segunda residencia como inversión.
Si desexades ampliar información sobre as posibilidades e opciones de rehabilitación a realizar na vivenda, consultádenos para informarvos en detalle.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno