Piso en Cangas, na zona dos Xulgados, cunha localización excelente e moi ben comunicado coa Avenida da Coruña, que permite un acceso cómodo á vía rápida.
A vivenda destaca, ademais da súa ubicación, pola súa orientación sur, que garante unha luminosidade extraordinaria durante todo o día e unhas vistas totalmente despexadas, sen edificacións diante que resten claridade.
Dispón dun amplo salón-comedor con ventás balconeiras de tres follas e varanda, comunicado cunha cociña equipada e con lavalouzas, que conta ademais con espazo suficiente para unha mesa. Anexa á cociña atópase a zona de lavandaría, con termo eléctrico e lavadora. O piso ofrece dous dormitorios: o principal, moi luminoso, con ventás balconeiras de tres follas orientadas ao sur, armario empotrado e baño en suite con bañeira, exterior, amplo e cómodo. O segundo dormitorio, tamén ao sur, con armario empotrado, ventás oscilobatentes e gran claridade. A vivenda complétase cun segundo baño exterior, neste caso con prato de ducha e mampara.
Entre os seus equipamentos conta con calefacción por chan radiante, praza de garaxe e rocho contiguo á propia praza. O ascensor chega directamente ata a planta do garaxe, con acceso mediante porta automática e rampla de doada manobra.
A zona é residencial e céntrica, o que converte esta vivenda nunha opción ideal para quen busca comodidade, luz natural e boas comunicacións.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno