Piso de construción recente situado na terceira planta dun edificio de 2006, na zona da Praza de Andalucía.
Todas as estancias son exteriores, salvo os baños, e contan con vistas despexadas á Ría. O salón, conta con dúas grandes xanelas, unha con vistas despexadas ao mar e outra que dá ao patio interior (grande e con tendal propio), o que achega moita luz e potencia a sensación de amplitude. Pola súa banda, a cociña é completa con espazo para comedor e ten unha zona reservada para lavandaría onde se sitúa a caldeira por gas natural para auga quente e calefacción.
Na zona de noite atopamos o tres dormitorios e os dous baños da vivenda. O dormitorio principal conta con baño propio, de catro pezas e con bañeira. O baño xeral, que se atopa na zona das 3 habitacións, é de tres pezas e ten prato de ducha. Os dormitorios contan con armarios encaixados e acabados de gran calidade. Os chans son de madeira maciza, seguindo a liña do resto do piso.
Conta con ascensor, garaxe e un amplo rocho, que completan este piso perfecto para vivenda habitual por situación, calidades e vistas.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno