Piso situado no centro de Cangas, á beira do Centro de Saúde e preto do Concello, rodeado de supermercados, ximnasios, locais de hostalaría, etc.
Esta constituído por un salón comedor con saída a un balcón para a rúa, unha cociña independente totalmente equipada, con acceso a unha terraza pechada como galería onde está a zona de lavandaría, 2 dormitorios con armarios encaixados e 1 baño completo. As xanelas son de dobre cristal achegando un perfecto illamento. A orientación é oeste, por tanto conta con sol a partir do mediodía en todas as estancias que son á súa vez exteriores a excepción do baño.
A vivenda conta con calefacción eléctrica e a auga quente sanitaria é por termo eléctrico.
O edificio ten ascensor que accede até o soto de garaxes. Conta con praza de garaxe no soto -1 e con rocho anexo.
O prezo de venda inclúe a vivenda amoblada e con todos os electrodomésticos.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno