Casa de planta baixa e construción recente (1996) situada en Vilanova, moi preto da praia de Punta Alada, situada nunha leira totalmente pechada con muros de obra e con vistas á ría de Aldán no fondo da mesma.
Composta de 2 dormitorios, salón comedor, cociña e un baño xeral, todos exteriores e en planta baixa.
Conta a casa ademais con baixo cuberta para faiado lóbrego, asador exterior cuberto con mesa a modo de ceador, xardín con froiteiros e almacén para apeos con galiñeiro anexo.
A parcela é chaira e a vivenda é asollada todo o día e con orientación sur.
O prezo inclúe a vivenda amoblada.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno