Vivenda situada na Zona Vella de Cangas, moi preto de todos os servizos, do porto e da estación de autobuses.
A casa está recentemente reformada (agás a última planta). Componse de tres plantas: planta baixa, con cociña americana e cuarto de baño con ducha, todo recentemente reformado e con ventá e porta novas de PVC; primeira planta, con dous dormitorios (un interior) e planta baixo cuberta, que, se se reforma, permitiría unha estancia ideal para dormitorio ou estudo, con moitísima luz e ademais con terraza.
Localización inmellorable, a un paso de todo e ademáis co encanto das rúas da Zona Vella.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno