Piso situado na Rúa Ferrol de Cangas, en pleno centro do pobo e con todos os servizos a man (correos, centro de saúde, concello, supermercados, etc) e a cinco minutos andando da praia de Rodeira.
Con orientación este e asollado polas mañás, distribúese en dous dormitorios, salón-comedor, cociña independente con amplo lavadoiro e zona de tendal e un cuarto de baño con bañeira.
Dispón de calefacción por acumuladores e auga quente sanitaria (ACS) por termo eléctrico.
Para chegar ao ascensor necesítanse subir varias escaleiras desde o portal de entrada ao edificio.
Non dispón de garaxe nin rocho, aínda que o edificio está situado á beira dun extenso parking de terra gratuíto.
Véndese amoblado e atópase en bo estado.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno