Vexo Vigo, vexo Cangas...

Illa de Ons

Illa de Ons

O arquipélago das Ons está composto polas illas Onzeta ou Onza e Ons e por pequenos illotes. Atópase pechando a entrada da Ría de Pontevedra, protexendo á mesma do mar aberto. Xunto coas Illas Cíes, o arquipélago de Sálvora e o de Cortegada forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, un auténtico tesouro natural na boca das Rías Baixas.

As illas de Ons, pertencen administrativamente ao municipio de Bueu, pero tamén Sanxenxo e Portonovo dispoñen de rutas regulares en barco para achegarse a este tesouro natural, normalmente en Semana Santa, nalgúns fins de semana de maio e no verán.

Illa de Ons

Na illa de Ons, é obrigado percorrer algún dos seus sendeiros, para desfrutar da paisaxe verde azulada que caracteriza ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, e apreciar os valores que fixeron a esta illa merecedora da protección do Parque nacional. Veremos cantís de suaves caídas, zonas rochosas de baixa altura e areais virxes, como a praia e dunas de Melide.

Esta illa, a diferencia da illa de Onza, está poboada polo que ademáis ofrece ao visitante as características dun pequeno núcleo rural costeiro, onde os hórreos aínda conservan as escasas colleitas que actualmente se cultivan e onde as lendas aínda seguen vivas. No máis alto, o faro domina a paisaxe, cuxo normal funcionamento é vixiado polos fareros que residen nas súas dependencias.

SERVIZOS

En canto a servizos, o máis destacado é o a zona de acampada, xestionada polo propio Parque, e con capacidade máxima para 200 persoas. A acampada é gratuita pero é necesario reservar e solicitar un permiso previamente

Ademáis en Ons hai varios establecementos de hostalaría e entre eles un par de restaurantes, onde o visitante non pode perder a ocasión de probar o prato típico destas Illas: o polvo.

Hórreo na Illa de Ons

 

ACCESOS DIRECTOS

Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!