Ref.:
Tipo:
En:
Data entrada/saída:
Capacidade:
Habitacións:
Baños:
Características:

Casa con vistas ás Cíes en Nerga (ref.4228)

Prezos datas

Resumo:

 Días de estadía mínima 1
 Capacidade 4
 Dormitorios 2
 Baños 1
 Calefacción
E ademais
Camas dobres 2
Sofás cama 1
Superficie 56 m2
Terraza
Casa en Nerga, nun dos lugares máis espectaculares das Rías Baixas, na contorna das Illas Cíes, Cabo Home e Viñó, co seu pinar e praias nudistas nunha natureza virxe.

As vistas son panorámicas ao mar e ás Illas Cíes desde calquera punto da casa. Ofrece un espazo exterior para gozar, como pode ser unha zona de barbacoa con mesa de pedra, un xardín tamén con vistas e mobiliario de xardín, e outra terraciña na entrada da casa.

En planta baixa, dispón de dous dormitorios, unha cociña independente totalmente equipada (sen lavalouzas), e unha sala de estar orientada ao oeste. A casa é totalmente luminosa, con todas as estancias exteriores. O baño conta cun plato de ducha.

Hai un lavadoiro tradicional e servizo de lavadora nunha bodega. Cabe destacar que o coche queda fóra da propiedade, pero hai aparcadoiros dispoñibles.

A casa conta con calefacción eléctrica.

Non se admiten mascotas.

Alúgase equipada con roupa de cama e menaxe de cociña. Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estadía. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.

Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo). As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais, ou para semanas soltas, poden non ser aceptadas ou poden supoñer variación dos prezos indicados na tarifa.

Dispoñibilidade

Días ocupados

Formulario de solicitude de información

- €




Resumo reserva

Importe estancia
-
Servizos extra
-
Total reserva:

Tarifas

Tarifa Día Semana * Quincena ** Mes ***
Estándar 90,00 € 1.050,00 € 1.680,00 € 2.700,00 €
1ª Quincena de junio
01/06 - 15/06
0,00 € 1.050,00 € 1.680,00 € 2.700,00 €
2ª Quincena de junio
16/06 - 30/06
0,00 € 1.050,00 € 1.680,00 € 2.700,00 €
1ª Quincena de julio
01/07 - 15/07
0,00 € 1.085,00 € 1.750,00 € 2.850,00 €
2ª Quincena de julio
16/07 - 31/07
0,00 € 1.085,00 € 1.650,00 € 2.850,00 €
1ª Quincena de agosto
01/08 - 15/08
0,00 € 1.085,00 € 1.750,00 € 2.850,00 €
2ª Quincena de agosto
16/08 - 31/08
0,00 € 1.085,00 € 1.750,00 € 2.850,00 €
1ª Quincena de septiembre
01/09 - 15/09
0,00 € 1.050,00 € 1.680,00 € 2.700,00 €
2ª Quincena de septiembre
16/09 - 30/09
0,00 € 1.050,00 € 1.680,00 € 2.700,00 €

*
Estancia de 7 noites
**
Estancia de 14 noites
***
Estancia de 30 noites
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!