Local situado na avenida de Baiona, zona moi transitada e de gran actividade comercial, con cafetarías, tendas de roupa, etc., na súa contorna.
Acondicionado na actualidade como baixo para garaxes, distribúese en dúas zonas, unha primeira de 50m2 na parte dianteira e con acceso desde a rúa a través do portal do garaxe, e unha traseira de 65m2. O local ten fachada só cara á avenida de Baiona.
O prezo anunciado é para a renda base, poderase negociar unha renda por tramos para o inicio do contrato i en función da duración do mesmo.
A renda inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento. O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades, pero poden esixirse garantías adicionais de solvencia para a formalización do contrato.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno