Na Magdalena, zona rural tranquila, con boa comunicación e vistas abertas cara a ría.
Casa de 180 metros cadrados. Repartidos en 2 plantas con 6 dormitorios, perfecta para un máximo de 12 de persoas. Na planta baixa está a cociña (de butano), un salón comedor, 3 dormitorios e un baño.
Conta cun pequeno soportal a modo de terraza. Na segunda planta están os outros 3 dormitorios. cociña americana (de butano tamén), unha pequena salita e unha terraza.
Non se admiten mascotas. Alúgase amoblado, equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.
As reservas para semanas ou non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.
Distancias: Vía Rápida: 1,7 km, Praia de Rodeira: 2,7 km, Aldán: 6 km, Praia de Liméns: 4,2 km.
Inmoble inscrito no rexistro de vivendas de uso turístico.