Chalé de pedra situado na parroquia de Hío, municipio de Cangas, a poucos metros da praia de Arneles e moi preto doutras praias da comarca, con boa comunicación coa vía rápida do Morrazo.
Con piscina e excelentes vistas á ría de Aldán desde case todas as estancias da casa, mesmo desde o seu amplo xardín. Conta cunha gran luminosidade. A parcela na súa totalidade é de 800 m2 e a vivenda ten unha superficie construída de 254 m2.
O inmoble foi reformado de forma integral e o seu estado actual é impecable. Consta de tres plantas e construíuse unha rampla de forma que a súa entrada á vivenda sexa accesible.
A planta de soto destinada a garaxe para dous vehículos, conta cun cuarto que se pode destinar a despensa ou trasteiro e ademais cun baño con ducha. Esta planta atópase totalmente reformada con fachada ventilada para evitar calquera tipo de humidades.
Na planta baixa, xa destinada a vivenda, atopámonos o gran salón da casa cunha preciosa vista cara á ría de Aldán, xunto cun amplísimo espazo totalmente acristalado, que fai que o salón se desdobre e crense dous espazos totalmente diferentes, o interior e o exterior; un baño con ducha e xanela ao exterior; e a cociña, totalmente nova, moi operativa e moderna, especialmente deseñada para o espazo no que se sitúa, cunha porta de saída cara á parte de atrás da casa, onde se sitúa un práctico espazo para tendedero, discreto e asollado, ademais dun asador cunha gran mesa de pedra e un galpón para os apeiros do xardín e rega automática.
Subindo por escaleiras interiores, chegamos á planta primeira, destinada ás habitacións, con tres amplos dormitorios exteriores. O dormitorio principal dispón dun gran vestidor, con espectaculares vistas cara á ría e cun baño completo con ducha e xanela.
A inmoble conta cun pozo con bomba nova e saneamento de auga da traída municipal.
A calefacción é a través dunha caldeira de gasoil, do mesmo xeito que a auga quente sanitaria (ACS). Conta con dobre ventá en todo o inmoble.
Dispón dun muro de contención á vía principal e portal de entrada automático para coche e a pé.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno