Ref.
Procuro
Tipo
En
Habitacións
Prezo

NÓS

Equipo Lares Inmobiliaria

Un lar é algo máis ca un espazo, máis ca un inmoble, igual que Lares, máis ca unha web, máis ca unha inmobiliaria.

Cando por fin te independizas e buscas o teu primeiro aluguer, cando estás pensando en abrir o teu propio negocio, cando queres investir os teus aforros, cando a familia medra e tes que cambiar de casa, cando buscas un piso no que pasar as túas vacacións, cando non sabes se mercar casa ou construíla, cando tes unha vivenda baleira que xa non usas…

Hoxe en día Lares lidera unha nova forma de facer vivenda, outro enfoque no sector inmobiliario, tal e coma destaca Idealista no seu blog de noticias de ámbito estatal.

O QUE PENSADES DE NÓS

Vós, os nosos clientes, coñecédesnos ben, poñédesnos a proba cada día, de xeito, sodes, sen dúbida, quen mellor pode falar de nós. Por iso gústanos escoitar o que pensades, fainos felices recibir algunha que outra palmada nas costas e agradecemos cada grao de area dos que poñedes coas vosas opinións para que Lares sexa un pouquiño mellor. Xuntos bregamos para seguir sorprendéndovos cada día.


O NOSO EQUIPAZO

As webs non te coñecen, non escoitan nin se adaptan, iso fanno as persoas. E Lares está feita, ante todo, de persoas, persoas que comparten algo máis ca un método de traballo. Somos un equipo de profesionais formados en campos diferentes (arquitectura, dereito, empresariais, enxeñería...) que sabemos como acompañarte no proceso de mercar, vender ou alugar. E ademais coñecemos, vivimos e desfrutamos a terra onde queres vivir.

Coñécenos no Linkedin

Jacobo Martínez Nieto
Berto Torres

Á Venda

Piso en venda Cangas, Pontevedra. Ref: 1245. Lares Inmobiliaria
Cangas
145.000 €
Dúplex en venda Cangas, Pontevedra. Ref: 1501. Lares Inmobiliaria
Cangas
180.000 €
Local Comercial en venda e aluguer Cangas, Pontevedra. Ref: 1885. Lares Inmobiliaria
Cangas
400 €/mes
75.000 €
Local Comercial en venda e aluguer Cangas, Pontevedra. Ref: 2032. Lares Inmobiliaria
Cangas
1.500 €/mes
280.000 €

REDES SOCIAIS

ACCESOS DIRECTOS

Lares 360 Realidade Virtual
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!