Ref:
Procuro:
Tipo:
En:
Habitacións:
Prezo:

Vender con Lares

En Lares temos un método para vender os inmobles, con boas prácticas, máximo respeto á normativa vixente e á intelixencia dos nosos clientes. Isto non vai de vender motos, trátase de chegar a un acordo que faga felices ás dúas partes.

Coñecémoste

Por que queres vender? Dende cando? Por canto? Cando?... Para satisfacer as túas expectativas necesitamos coñecelas ben.

Coñecemos a túa propiedade

Non hai mellor maneira de facelo que visitar o teu inmoble. Alí resolveranse moitos interrogantes por si sós, e a partir de entón os nosos axentes Rebeca, Ana e Juanma, poderán recomendar o teu inmoble con coñecemento de causa.

Da análise ás conclusións

  • Revisión dos documentos da propiedade: para iso temos a Cintia, licenciada en Dereito.
  • Análise da situación urbanística: para iso contamos con Juanma, o noso aparellador.
  • E así saberemos as opcións de venda e aproximaremos un valor de mercado.

Entramos en acción

Para vender hai que armarse ben contra os competidores e aí entramos nós, para facer valer as vantaxes do teu inmoble fronte aos outros, sempre con honestidade. Velaquí as nosas armas:


Fotografía e vídeo de interiores

Equipo humano e material profesional en constante renovación para ofrecerche os últimos avances; fotografía, vídeo, producións con drons e vídeo en 360. Anxo, o maís novo do equipo e técnico audiovisual, faino posible.


Home Staging

Levamos anos traballando a posta a punto de vivendas para a súa saída ao mercado do aluguer. Lares Nosos


Difusión para facer diana

Combinamos accións comerciais, dende as máis tradicionais e simples ata as máis elaboradas técnicas de mercadotecnia en Internet, investindo para acadar a máxima visibilidade. Jacobo, o enxeñeiro do grupo, sempre consegue estar un paso por diante.

Vendemos

Atopar comprador é o principio: o noso obxectivo é chegar a un peche de operación no que as dúas partes resulten satisfeitas ao 100%. E para iso:

  • Mediamos na negociación e rexistramos documentalmente cada acordo.
  • Aportamos seguridade xurídica ás dúas partes, traballando áxilmente coa Notaría.
  • Acompañámoste nos últimos trámites e nas últimas dúbidas.
  • Coordinamos toda a operación con tódolos implicados (vendedor, comprador, notaría, tasador, entidade financieira) para que nada se perda polo camiño.

Un método, un compromiso

O revolucionario de Lares non é só ter un método de venda absolutamente protocolizado e no que interveñen profesionais especializados en cada eido. O revolucionario é que o noso método é o noso compromiso. Cando contratas os nosos servizos obligámosnos a aplicar o noso método con todos os servizos asociados, sen renunciar ás nosas regras:


1. Serio e sen exclusivas

Apostamos por ti e ademais non limitamos as túas opcións.


2. Con transparencia

  • Un inmoble, un prezo: ti decides o prezo e acordamos que sexa o único publicitado.
  • Comunicación áxil de rebaixa de prezo: es libre de rebaixar o prezo, o teu compromiso é informarnos inmediatamente e o noso é comunicala aos nosos clientes de contado. Non hai tempo que perder!
  • Informámosche sobre as visitas e ofertas de compra.

3. Difusión para facer diana

  • Prezo: 3% + IVE do prezo de venda do teu inmoble, que pagarás previa presentación de factura.
  • Prazos: en caso de firmar arras, os honorarios dividaranse ao 50%, entre firma das arras e firma ante Notario.
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!