Chalé situado no lugar de Vilariño, parroquia de Hío, preto do Porto de Aldán, municipio de Cangas, a poucos metros da praia e moi preto doutras praias da comarca, con boa comunicación coa vía rápida do Morrazo e con servizos a man.
Componse de: soto, planta baixa destinada a vivenda e baixo cuberta. Dispón de piscina, amplo xardín, cenador con cociña e asador, hórreo e conta con gran luminosidade, ao darlle o sol todo o día.
A vivenda resulta excepcionalmente cómoda xa que, fronte ao que é habitual, sitúase exclusivamente na planta baixa, por tanto accesible ao cento por cento.
En canto á súa distribución, conta cun espazoso recibidor, ampla cociña con sol de mañá, salón-comedor moi amplo con porta acristalada pola que se accede directamente á zona de piscina e xardín, orientada ao leste e sur, con luz todo o día, cheminea de leña, catro dormitorios, todos con armarios e moita luz, un aseo e dous cuartos de baño. Ademais esta planta dispón dun porche orientado ao sur e outro a norte.
A planta de baixo cuberta, á que se accede por escaleiras interiores, atópase acondicionada e actualmente diáfana, para poder destinala a calquera uso futuro. Dispón de xanelas velux desde as que se pode ver a Ría de Aldán e conta con materiais de obra de primeira calidade.
O soto dispón de rampla e amplo garaxe, tendo tamén zona de aparcadoiro no exterior, na propia leira do inmoble.
En canto á calefacción, dispón de caldeira de gasoil de baixa temperatura e chan radiante, sendo tamén a auga quente sanitaria (ACS) polo mesmo sistema, dispondo ademais, de placas térmicas.
Excepcional inmoble, tanto para segunda residencia, como para vivenda habitual.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno