Oficina dispoñible para alugueiro comercial, sita no Eirado do Sinal, na Zona Vella, na primeira planta dun edificio sen ascensor, cunha localización excepcional, céntrica, moi transitada (peatonal), en zona comercial (zapatería, cafeterías, tapería, comercio téxtil, xeadaría, hotel, supermercado, etc.) e con orientación sur á propia praza.
A oficina está acondicionada e conta con despacho totalmente exterior, aseo (compartido coa oficina continua) e unha estancia interior para almacén, sala de espera, archivador, etc.
A parte arrendataria debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo (consultar). Ao prezo hai que engadirlle IVE e restarlle retención en IRPF que corresponda en cada momento.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato de aluguer. A fianza esixida para alugueres comerciais é equivalente a dúas mensualidades de renda.
o seu entorno