Apartamento novo en alugueiro para o curso escolar (de tempada): este alugueiro supón o cumprimento íntegro do contrato dende o inicio do curso escolar ata o mes de xuño inclusive (polo tanto exclúe os meses de verán).
Este acolledor piso atópase nunha ubicación privilexiada, en pleno centro de Cangas. A vivenda distribúese en tres dormitorios (2 deles pequenos), un baño con ducha, práctico e funcional, e é totalmente exterior, o que asegura unha boa entrada de luz natural durante todo o día.
A saliña, que serve como espazo de estar, ten acceso a un balcón que dá á rúa Ensino.
O edificio non dispón de ascensor, rocho nin garaxe.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a esixida por lei para este tipo de arrendamentos de tempada (consultar).
o seu entorno