Local en aluguer en pleno centro de Cangas, rodeado de actividade comercial, moi visible, con ampla fachada e escaparates, de 253 m2 aproximadamente e totalmente acondicionado (luz, auga, alarma, etc).
A pé de rúa, cun espazo totalmente aberto dende a entrada, con dous enreixados de seguridade. Dispón de luz, auga, alarma, dous baños e un espazo rocho para almacenaxe.
Conta cunha porta traseira, que dá acceso á parte de atrás do edificio, sendo esta un espazo moi cómodo para carga e descarga e servindo dita porta, tamén como saída de emerxencia.
Dispón de varios estantes, ademais de diferentes expositores e mostradores.
Con posibilidade dunha praza de garaxe moi cómoda no propio edificio.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno