![Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 1292. Lares Inmobiliaria Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 1292. Lares Inmobiliaria]() |
20200127 |
Ref: 1292 / Apartamento na praia de Liméns. |
Piso |
Cangas Do Morrazo (O Hío) |
20 €
|
35 m2 |
1 |
2 |
1 |
Acolledor apartamento á beira da praia de Limens, con zona axardinada comunitaria e orientación sur.
Situado nunha casa que posúe varios apartamentos en aluguer, nunha ampla e asollada leira de 1000 metros; totalmente acondicionada e pechada, con zona con herba, zona de grella comunitaria e mesa para comer fóra.
Nunha contorna inmellorable, á beira da Praia de Limens e Santa Marta e próximo á maioría das praias da zona ( Nerga, Viñó, Barra, da Ría de Vigo e Areacova, Menduiña, Castiñeiras, da Ría de Aldán etc...).
O apartamento está repartido nun salón con cociña americana moi luminoso que posúe unha cristaleira orientada á fachada con vistas sobre a parcela e o areal de Liméns, un cuarto de baño e dormitorio independente, armario encaixado no dormitorio e sofá cama no salón, frigorífico baixo encimera e cociña eléctrica. Non se admiten mascotas.
Ofrécese equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Non se proporcionan toallas. Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.
Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo). As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais, ou para semanas soltas, poden non ser aceptadas ou poden supoñer variación dos prezos indicados na tarifa.
Distancias: Praia de Liméns: 400 m, Praia de Santa Marta: 1,1 km, Praia de Nerga: 1,7 km, Cruceiro do Hío: 1,8 km, Aldán: 2 km, Cangas de Morrazo: 3,8 km, Cabo Home: 6 km.
Inmoble inscrito no rexistro de vivendas de uso turístico. SIGNATURA: VUT - PO - 001351 |
42.262216-8.8190283 |
1292 |
Apartamento na praia de Liméns. |
![Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 2930. Lares Inmobiliaria Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 2930. Lares Inmobiliaria]() |
20190724 |
Ref: 2930 / Piso céntrico preto de Rodeira |
Piso |
Cangas Do Morrazo (Núcleo urbano) |
47 €
|
71 m2 |
2 |
4 |
1 |
Apartamento de 2 dormitorios e un baño, con cociña americana, moi preto a Rodeira e o Paseo Marítimo.
Conta con cociña americana, dormitorio principal de bo tamaño, segundo dormitorio con ventana o lavadoiro, baño xeral con prato de ducha e zona de lavadoiro tendal (lavadora, termo eléctrico para acs). Chans de madeira en tódolas estancias (menos cociña e baño) dobre ventanal, en perfecto estado. Ten wifi. Non se admiten mascotas.
Dispón de praza de garaxe e o edificio conta con ascensor.
Ofrécese equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese unha fianza, dependendo o importe da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.
Non se realizará ningún cargo adicional por consumo de auga e luz. As reservas para estancias non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.
Distancias: Praia Rodeira 500m, Supermercado 80m, Via Rápida 1Km, Estación marítima 700m.
Inmoble inscrito no rexistro de vivendas de uso turístico: (Código de entrada de rexistro 2020-E-RC-995). |
42.265107-8.7780123 |
2930 |
Piso céntrico preto de Rodeira |