Local lóbrego de máis de 100m2 construídos en planta, situado nun edificio de recente construción, na zona do Auditorio Municipal de Cangas, fronte á oficina de Servizos Sociais, zona con bo acceso en coche, limitando co casco antigo. Visible desde o novo parque infantil na rúa San José.
Conta con 3 fachadas exteriores para un total de 30ml, 2 delas de gran visibilidade desde a rúa San José, cunha altura libre interior de 5,40m.
Trátase dun local con mais de 150m2 de fachada visible, que pola súa localización e características construtivas convérteno nun baixo comercial de gran visibilidade e moitísimo escaparate potencial, nunha zona que está a adquirir gran interese e demanda de servizos.
En caso de aluguer esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a esixida por lei para locais comerciais (2 mensualidades) pero valórase a presentación de aval bancario ou garantía similar.
O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada caso. O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno