Local na Avenida de Galicia, Cangas, en edificio de nova construción. Zona residencial na que se estableceron nos últimos anos os Xulgados, Correos, o Rexistro da Propiedade (no mesmo edificio) e Notaría, entre outros.
O baixo está totalmente acondicionado para cafetaría, negocio moi coñecido, que estivo en funcionamento no local durante anos e de peche recente.
Con posibilidade de montar terraza cuberta (para bastantes mesas) no soportal do edificio. O local conta con dous aseos e un pequeno almacén. O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno