Local comercial con excelente localización, en plena Avenida Eugenio Sequerios fronte á alameda de Cangas e a un parque infantil. Zona de moito tránsito peonil e de gran actividade hostaleira, con bares e restaurantes próximos.
A local conta con tres plantas cunha superficie aproximada de 17 m2 cada unha. O baixo comercial, ideal para negocio, dispón de porta acristalada e escaparate á fronte e non conta con divisións interiores. As outras dúas plantas utilízanse na actualidade como almacén.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno