Local en aluguer, acondicionado como Cafetaría-Restaurante, con excelentes vistas e localización, moi preto da praia de Menduiña en Aldán.
O local atópase totalmente equipado e amoblado para a súa inmediata posta en funcionamento. A cociña do restaurante conta con cociña profesional. Dispón dun amplo salón-comedor equipado con mesas e cadeiras con moita luminosidade, de aproximadamente 215 m2. Conta con dous baños e aire acondicionado.
Dispón, ademais, dunha cafetaría independente, de 65 m2, con dous baños.
A inmoble conta cunha terraza de 88 m2. aproximadamente, moi asollada, na que poder gozar da agradable vista da ría de Aldán.
A entrada ao local por un dos extremos é totalmente accesible, contando no seu parte central con tres escalóns.
Dispón de Licenza en vigor e posibilidade de aluguer dunha leira para aparcadoiro enfronte do inmoble.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades e valorarase a posibilidade de solicitar garantías adicionais. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno