Aluguer de tempada para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso escolar até o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).
Apartamento dun dormitorio, con cociña americana- salón e un baño con bañeira.
Dispón de lavadoiro.
O edificio conta con ascensor.
A calefacción é por radiador eléctrico.
Dispón de internet.
Situado no centro urbano de Cangas, a cinco minutos andando da praia de Rodeira e moi preto de todos os servizos (Centro de Saúde, Correos, cafetarías, etc).
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a esixida pola Xunta para este tipo de contratos (consultar).
Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta da inquilino luz, auga e lixo. Compatible con deducións fiscais.
Número de rexistro de alugueiros de corta duración: ESFCTU000036022000350041000000000000000VUT-PO-0097657.
Este anuncio ten carácter exclusivamente informativo e publicitario e non permite realizar reservas, celebrar contratos de arrendamento nin efectuar pagamentos a través desta páxina web. A dispoñibilidade, renda, duración e demais condicións deberán ser confirmadas expresamente antes da formalización do correspondente contrato por escrito. A información contida neste anuncio é meramente orientativa e non contractual, podendo conter erros, sufrir modificacións ou ser retirada sen previo aviso.
En Lares non cobramos honorarios á parte arrendataria, conforme á normativa vixente.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno