Local nas Galerías Santiago Apostol, na Avenida de Marín, unha zona moi céntrica e unha rúa comercial, con outros negocios como cafetarías, tendas, supermercados, etc. É transitada tanto por peóns como por vehículos.
Superficie de 23 metros cadrados, con escaparate cara á rúa Gondomar. Ten un pequeno altillo. Son necesarias obras para o acondicionamento do novo local e a este pódeselle engadir o espazo da entrada lateral que dá acceso desde a rúa Gondomar.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.
O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga, lixo e depuradora.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno