Aluguer para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso escolar até o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).
Piso situado na Avenida de Bueu (Pedra Alta) en Cangas, moi céntrico, con todos os servizos a man e ao mesmo tempo, ben comunicado coa vía rápida do Morrazo. Moi próximo á Estación Marítima e de Autobuses e tamén ás praias de O Salgueirón, A Congorza e Areamilla.
Distribúese en recibidor, cociña independente e salón-comedor, ambas as estancias con portas de saída cara a unha terraza orientada ao sur e con vistas ao mar. Tres dormitorios, dous baños con bañeira e un lavadoiro con tendal a patio interior cuberto e que desprende moita luz ao ser o último piso do edificio.
O inmoble atópase semi-reformado, con plaqueta nova en varias estancias, carpintería, tarima e mobiliario, facendo do piso un lugar acolledor e moi luminoso, podendo gozar na terraza das marabillosas vistas á ría de Vigo. Conta con estufa de pellets no salón comedor.
O edificio conta con ascensor (até o quinto, tendo que subir un dos pisos por escaleiras), non dispón de garaxe nin rocho.
Conta con aparello de aire acondicionado (frío-calor) e o ACS é por gas butano.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a que se exise por lei para arrendamentos de tampada (consultar).
Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta da inquilino luz e auga.
Compatible con deducións fiscais.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno