Local lóbrego de aproximadamente 100 m2, situado na rúa Félix Ozámiz de Cangas, rúa comercial, preto da praia de Rodeira e da Casa da Cultura. É unha zona peonil, transitada e no centro.
O local necesita reformas para o acondicionamento dun negocio xa que non houbo actividade previa.
É amplo e apto para actividades varias.
Tamén se pode utilizar como almacén ou rochos (para esta actividade consultar prezos).
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno