Local situado en Cimadevila, preto do colexio Cía de María, preparado como salón de peiteado pero dispoñible para desenrolar calquera tipo de actividade.
O local conta cunha sala ampla, acondicionada, unha sala pequena e un aseo adaptado (a estrear).
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e IBI e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Preferible a presentación de aval bancario ou seguro fronte a falta de pagamentos.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno