Local comercial en aluguer ou venda, no centro de Cangas, a 100 metros do Concello e da praia de Rodeira, nunha zona moi transitada, con visibilidade e ideal para calquera actividade.
De aproximadamente 150 m2 na súa totalidade. Conta cunha parte dianteira de 48 m2 totalmente acondicionada e a parte de atrás, duns 102 m2, con posibilidades varias (almacén, ampliación de local, etc).
A renda inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento. O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.
A fianza esixida é de 2 mensualidades de renda. Pódense esixir garantías adicionais de solvencia para a formalización do contrato.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno