Ático con terraza e vistas ao mar situado en Vilariño, entre Aldán e Cangas, con todos os servizos ao seu alcance, supermercado, farmacia, banco, restaurantes... e as mellores praias do Morrazo.
Vivenda amoblada distribuída en salón con saída a terraza con vistas ao mar, dispón de toldo eléctrico, céspede artificial e billa con auga, cociña independente totalmente equipada e con electrodomésticos. Calefacción con acumuladores. Xanelas velux, fóra da saída á terraza. O edificio conta con ascensor e o aluguer inclúe praza de garaxe no soto.
Non se admiten mascotas.
Aluguer para o curso escolar (desde o 15 de setembro ao 15 de xuño): este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso escolar até o mes de Xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán). A fianza é a esixida por lei para contratos de tempada (consultar).
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade, auga e lixo incluído, quedando por conta do inquilino a luz.
o seu entorno