Aluguer para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso ata o mes de Xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).
Piso de dous dormitorios, 1 baño, cociña americana e salón con terraza.
Vistas despexadas, sol pola tarde e tranquilidade absoluta sen ruído de tráfico etc.
Moi próximo ao IES de Rodeira, e outros centros educativos como A Rúa, Coiro ou Tirán. A poucos metros da Praia de Rodeira sen deixar de estar próximo ao centro de Cangas.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato, así como a fianza esixida pola Xunta de Galicia.
Alúgase amoblado e o prezo inclúe a comunidade, quedando por conta do inquilino só os recibos de luz, auga e lixo.
Compatible con deducións fiscais.
Este anuncio ten carácter exclusivamente informativo e publicitario e non permite realizar reservas, celebrar contratos de arrendamento nin efectuar pagamentos a través desta páxina web. A dispoñibilidade, renda, duración e demais condicións deberán ser confirmadas expresamente antes da formalización do correspondente contrato por escrito. A información contida neste anuncio é meramente orientativa e non contractual, podendo conter erros, sufrir modificacións ou ser retirada sen previo aviso.
En Lares non cobramos honorarios á parte arrendataria, conforme á normativa vixente.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno