Dispoñible a partir de setembro esta vivenda para aluguer de curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso escolar até o mes de Xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).
Apartamento no Barrio de Nazaret en Cangas, á beira do Colexio de Nazaret. Con acceso en vehículo desde a Avenida de Vigo, por tanto moi ben comunicado coa vía rápida. A escasos minutos a pé do centro, permitindo acceder comodamente aos seus servizos (Mercado Municipal, Estación Marítima, praia de Rodeira, etc).
Moi luminoso con estancias a fachada este e tamén a fachada oeste.
Distribúese en cociña independente, sala de estar, dous dormitorios e un baño con ducha. Todas as estancias exteriores. Xanelas cambiadas, correderas e de dobre cristal.
O apartamento atópase nun edificio sen ascensor e sen praza de garaxe (con permiso de aparcadoiro no barrio para os residentes empadroados).
Non conta con calefacción.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta da inquilino luz, auga e lixo.
Consultar compatibilidade con deducións fiscais.
Este anuncio ten carácter exclusivamente informativo e publicitario e non permite realizar reservas, celebrar contratos de arrendamento nin efectuar pagamentos a través desta páxina web. A dispoñibilidade, renda, duración e demais condicións deberán ser confirmadas expresamente antes da formalización do correspondente contrato por escrito. A información contida neste anuncio é meramente orientativa e non contractual, podendo conter erros, sufrir modificacións ou ser retirada sen previo aviso.
En Lares non cobramos honorarios á parte arrendataria, conforme á normativa vixente.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno