Dispoñible este baixo comercial en alugueiro, situado no paseo marítimo de Rodeira, en Cangas. Excelente localización nunha zona moi transitada e con todos os servizos básicos próximos.
O local de 247 m² conta con grandes ventás con vistas ao mar, o que proporciona abundante luz natural. O local é totalmente adaptado e accesible, xa que conta con rampla na entrada.
No interior do local hai varios despachos, ideais para reunións, asembleas ou citas con maior privacidade.
Dispón de dous baños na parte traseira, tamén adaptados.
A última actividade foi como Oficina de Emprego, pero dadas as súas dimensións e localización preséntase como unha excelente oportunidade para numerosos modelos de negocio.
A persoa inquilina deberá facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. Ao prezo hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención do IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
En Lares non cobramos honorarios á parte inquilina.
O prezo publicado non inclúe o IVE nin, se é o caso, a retención a conta do IRPF, segundo a normativa fiscal vixente.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno