Casa con ampla finca en Sta. Marta, Cangas, a un paso dalgunhas das praias máis valoradas de Cangas. Situada nunha
contorna especialmente tranquila e agradable, moi preto das praias de Liméns e Santa Marta e cunha excelente orientación.
Permite gozar do exterior, do bo tempo e da tranquilidade desta zona da costa de Cangas. A vivenda é unha construción prefabricada que se atopa actualmente nun
estado impecable: recibiu numerosas melloras tanto interiores como exteriores e está
perfectamente conservada. O baño foi reformado recentemente e o interior presenta un
aspecto moi coidado e actualizado. A casa distribúese nunha zona de entrada aberta con cociña americana e salón, desde a que se accede a un
agradable porche orientado cara ao xardín, perfecto para comer fóra, descansar á sombra ou simplemente gozar da finca.
A vivenda ten 62 m² e dispón de
tres dormitorios, un de maior tamaño e outros dous máis pequenos, todos eles con
armarios empotrados, ademais dun baño completo recentemente reformado con prato de ducha. Todas as estancias contan con ventilación e luz natural. As ventás son corredoiras e dispoñen de contras exteriores. Baixo a vivenda aproveitouse tamén un espazo de pouca altura como zona de almacenamento e que, ao mesmo tempo, permite manter a vivenda ventilada.
A cuberta atópase en moi boas condicións e conta con illamento.
Amplo espazo exterior, coidado e con diferentes ambientes que permiten gozalo de moitas maneiras. Conta con zonas axardinadas, árbores froiteiras e distintos espazos exteriores.
A propiedade dispón ademais de dous amplos garaxes en semisoto. Sobre un deles creouse unha preciosa e espaciosa terraza cuberta, comunicada mediante escaleiras co garaxe; sobre o outro atopamos unha pequena zona acondicionada como pista deportiva. Noutra parte da finca sitúase unha construción auxiliar destinada ao almacenamento de leña e un espazo elevado desde o que se goza dunhas bonitas vistas. Na súa parte inferior habilitouse unha
práctica zona de cociña exterior, con grella e cociña de gas, ideal para preparar comidas e celebracións ao aire libre sen necesidade de utilizar a cociña da vivenda.
Todo isto nunha localización especialmente atractiva: Santa Marta, na parroquia de Darbo, unha das zonas costeiras máis apreciadas de Cangas, próxima ao mar, ás praias e a un miradoiro, pero ao mesmo tempo suficientemente apartada para gozar de
tranquilidade e privacidade.
A propiedade
conta con subministración de auga da rede municipal, electricidade e conexión á rede pública de saneamento. A vivenda non dispón actualmente de sistema de calefacción, xa que foi utilizada principalmente como segunda residencia.
Propiedade inscrita no Rexistro da Propiedade e libre de cargas.En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.