Local comercial dispoñible en alugueiro en Cangas, en primeira liña de zona comercial principal e peonil, na rúa Eugenio Sequeiros, á beira do Mercado Municipal e en fronte á Alameda Nova, rodeado de todo tipo de negocios comerciais como bancos, restaurantes e cafetarías, hoteis, etc.
O local distribúese en 3 plantas: un soto como almacén; unha planta baixa enorme e con moita altura, con escaparates á rúa Eugenio Sequeiros e Santa Baia, con moitísima luz natural con orientación sur; e unha primeira planta coa mesma distribución que o baixo.
Require reforma e é necesario realizar a comunicación interior entre as plantas.
A parte arrendataria debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato, imprescindible a presentación de aval bancario ou garantía similar.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno