Alugueiro de tempada para o curso escolar: este alugueiro supón o cumprimento íntegro do contrato desde o inicio do curso escolar ata o mes de xuño incluído (polo tanto, quedan excluídos os meses de verán).
Situado moi preto da praia de Rodeira e con todos os servizos a man, a oito minutos andando do centro da vila.
Piso de dous dormitorios (ambos con armario encastrado), un baño con prato de ducha, salón-comedor e cociña independente, equipada e con acceso a un patio con zona de lavadoiro.
Calefacción mediante radiadores eléctricos. Auga quente sanitaria mediante termo eléctrico.
Dispón de ascensor e alúgase con praza de garaxe e rocho (opcional).
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza será a esixida pola Xunta para este tipo de contratos (consultar).
Alúgase amoblado e o prezo inclúe a comunidade, quedando a cargo do inquilino os gastos de luz, auga e lixo.
Este anuncio ten carácter exclusivamente informativo e publicitario e non permite realizar reservas, celebrar contratos de arrendamento nin efectuar pagamentos a través desta páxina web. A dispoñibilidade, renda, duración e demais condicións deberán ser confirmadas expresamente antes da formalización do correspondente contrato por escrito. A información contida neste anuncio é meramente orientativa e non contractual, podendo conter erros, sufrir modificacións ou ser retirada sen previo aviso.
En Lares non cobramos honorarios á parte arrendataria, conforme á normativa vixente.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno