Disponible este piso en alugueiro de longa duración na zona do porto de Cangas. Moi ben situado, con vistas ao mar e con todos os servizos básicos próximos (supermercados, gasolineira, bancos, praza de abastos, farmacia, etc).
Distribúese en dous dormitorios (un exterior e con vistas e o outro sen ventá), amplo salón con vistas ao mar e moi luminoso con acceso a un balcón, cociña independente amoblada e equipada con acceso a outro balcón con lavadoiro e un baño completo con prato de ducha.
O piso atópase en perfecto estado de conservación e alúgase sen amoblar.
Na segunda planta do edificio. Non dispón de ascensor, nin garaxe, nin rocho.
A ACS (auga quente sanitaria) é mediante termo eléctrico. No dormitorio principal e no salón hai aire acondicionado con bomba de calor.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza esixida é dunha mensualidade.
A parte arrendataria farase cargo dos gastos de luz, auga e lixo, mentres que a comunidade e o IBI correrán a conta da parte arrendadora.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno