Piso á venda no núcleo urbano de Cangas.
Situado na Rúa Real de Cangas, este piso de 65 m² na segunda planta con ascensor preséntase como unha excelente opción para quen busca comodidade e proximidade a todos os servizos básicos. Preto de zonas verdes de lecer.
O piso distribúese en dous dormitorios, un baño con bañeira, salón-comedor e cociña independente totalmente equipada, con unha galería ideal como zona de lavandaría e almacenamento. Todas estas estancias dan a un amplo patio.
O dormitorio principal está equipado con armarios empotrados e conta cunha pequena galería privada, ideal para empregala como zona de escritorio.
A vivenda non dispón de calefacción e a auga quente proporciónase mediante gas butano.
Desde o portal ata o ascensor hai que subir unhas escaleiras, ainda que conta con cadeira elevadora.
Non dispón de praza de garaxe nin de rocho.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno