Á venda este piso na rúa Alcalde Fandiño, en Moaña. Localización excelente, con todos os servizos básicos próximos (supermercado, farmacia, bancos, etc.) e conexión á vía rápida cara a Vigo ou Pontevedra a escasos minutos en coche.
Construído no ano 2006, esta vivenda de 81 m2 distribúese da seguinte maneira: cociña independente e totalmente equipada con lavalouzas, salón-comedor totalmente exterior con balcón, dous dormitorios (ambos con armario empotrado) e dous baños (un dentro do dormitorio principal con prato de ducha e o baño principal con bañeira).
En moi bo estado de conservación, o que permite ao comprador entrar a vivir.
O piso conta con ascensor, praza de garaxe e rocho. O ascensor chega ao garaxe, no soto -2, onde tamén se atopa o rocho.
A calefacción é por acumuladores eléctricos e o ACS (auga quente sanitaria) mediante termo eléctrico.
Preséntase como unha excelente opción para quen busca comodidade e proximidade a todos os servizos básicos. Preto de zonas verdes de lecer e parques infantís. A cinco minutos camiñando da praia da Xunqueira.
Unha oportunidade moi interesante para calquera tipo de vivenda (habitual, segunda residencia ou para investimento).
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno