Apartamento no centro de Salvaterra: Rúa Galicia, á beira do centro de saúde.
Ocupa unha cuarta planta así que ten moita luz e vistas despexadas. Conta con dous dormitorios, ambos de matrimonio, con armarios encaixados, un baño moi completo, cociña independente e un amplo salón.
Calefacción e auga quente de gas natural. O prezo inclúe a praza de garaxe, rocho, comunidade, lixo e sumidoiros. O inquilino ten que domiciliar o pago da renda e dos recibos de luz, gas e auga.
Non se admiten animais domésticos. Para o seu aluguer esíxese a presentación de garantías de solvencia, ademais dunha fianza mínima de mes e medio de renda.
En Lares non cobramos honorarios á parte inquilina en contratos de vivenda habitual, conforme á normativa vixente.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno