Estudo céntrico, na Avenida de García Barbón, paralela a Rúa Rosalía de Castro, nunha zona ben comunicada a través do transporte urbano e con rápido acceso á autoestrada a través do nó de Isaac Peral.
Edificio de construción de calidade, con ascensor, servizo de portaría e instalacións centrais de auga quente e calefacción, aínda que con contador individual para cada vivenda. Accesible. Inclúe rocho no soto do edificio. Comunidade exemplar polo cuidado e limpeza das zonas comúns.
Moi luminoso xa que conta con dous grandes ventanais, e moi silencioso, sen ruido de tráfico, etc. Tamén é moi quente así que apenas se consume calefacción.
Chan de parquet. Totalmente amoblado e con cociña equipada con todos os electrodomésticos: vitrocerámica de 4 lumes, frigorífico de dúas portas con conxelador separado, forno e microondas.
O baño é amplo con bañeira e lavadora. Armario encaixado con caixoneiras e totalmente forrado interiomente no salón -dormitorio.
Ten tendedeiro cuberto nunha das xanelas do salón.
Listo para entrar a vivir ou poñer en aluguer (demanda altísima).
o seu entorno