Piso de 124 m2 aproximadamente, moi luminoso nunha zona moi tranquila de Cangas e a cinco minutos andando do centro da vila.
Distribuído en catro dormitorios, con armarios encaixados, enorme salón, cociña independente completa con lavalouzas, lavadora e secadora, comedor independente, recibidor e dous baños, un con bañeira e o outro con ducha.
O chan das habitacións é de parquet.
O piso é todo exterior, salvo os baños, con vistas despexadas ao Leste e ao Oeste, con sol polas mañás e tardes e pola súa localización, amplitude e tranquilidade aseméllase a estar nunha casa.
Conta con garaxe moi amplo e rocho grande na baixo cuberta.
A calefacción e a auga quente sanitaria é por Gas Natural.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno